Battlefront II terá beta pública en outubro

luns, 10 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O agardado xogo Star Wars Battlefront II chegará ás tendas o 17 de novembro, pero os usuarios que queiran catalo antes tanto por ansia como para tomar unha decisión de compra, poderá gozar da súa fase beta pública entre os días 6 e 9 de outubro, recompensando aos usuarios que reservasen o xogo coa posibilidade de comezar a participar nesta fase de probas a partires do 4 de outubro.
Este novo xogo incluirá unha historia orixinal para un xogador, batallas multixogador ao longo das tres eras cinematográficas da franquía de Star Wars, novos controis de voo e combate espacial e a aparición de numerosos heroes e malvados recoñecidos por todos os afeccionados á saga.
A beta pública de Battlefront II permitirá participar no asalto galáctico en Naboo (no que terán lugar combates de 40 xogadores nas rúas de Theed, con personaxes e vehículos dos episodios I, II e III) e o asalto multixogador Starfighter (ambientado na triloxía orixinal).

PUBLICIDADE