Battlefield 4 déixase ver nun vídeo de 17 minutos

mércores, 27 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Na últimas horas DICE xuntou en Estocolmo e San Francisco a centos de xornalistas e membros do mundo dos videoxogos para amosarlles un vídeo de 17 minutos no que demostraron o que dará de si Battlefiled 4, xogo que a compañía lanzará o vindeiro outono, e que desta volta promete reforzar a súa campaña para un xogador, incorporando á mesma moitos dos elementos que fan que os modos multixogador dos anteriores Battlefield fosen memorables: grandes contornos, escenarios destrutibles, acceso a un grande arsenal de vehículos e a habilidade de dirixir aos compañeiros de escuadrón.
O xogo empregará o motor Frostbite 3, conseguindo uns gráficos moi detallados coa vista posta na vindeira xeración de consolas, pois Battlefield 4 chegará tanto para as plataformas actuais (PS3, Xbox 360 e PC) como para as que cheguen a finais de ano (PS4 e, posiblemente, a nova consola de Microsoft).
Os xogadores Premium de Battlefield 3, os usuarios rexistrados nas edicións de luxo de Medal of Honor: Warfighter e os que reserven a edición de luxo do xogo en Origin poderán acceder a unha beta de Battlefield 4 que chegará nos vindeiros meses.


Vídeo de 17 minutos do que será a versión para PC de Battlefield 4

PUBLICIDADE