Battlefield 3 vende 5 millóns de copias nunha semana

luns, 31 de outubro do 2011 Marcus Fernández

O xogo de acción en primeira persoa de EA e DICE, Battlefield 3, chegou ás tendas a semana pasada e, pese a experimentar problemas co seu xogo en liña (que parecen estar solucionados), está a cumprir coas expectativas máis optimistas ao converterse no xogo de EA que máis rápido vendeu, con 5 millóns de copias na súa primeira semana, 10 millóns de copias remitidas ás tendas e máis de 2,2 millóns de xogadores conectados á Rede para gozar deste impresionante xogo (converténdose no maior número de usuarios simultáneos rexistrados nos servidores de EA, o que parece que foi o principal motivo dos problemas técnicos experimentados).
O Battlefield 3 supón un importante paso adiante á súa franquía, que goza agora do servizo en liña Origin e inclúe unha capa social chamada Battlelog, elementos que potencian un título que promete pór as cousas difíciles á saga de Call of Duty, especialmente na súa versión para PC.

PUBLICIDADE