Battlefield 3 estrea versión de proba multi-xogador

xoves, 29 de setembro do 2011 Marcus Fernández

O xogo Battlefield 3 está a ser moi agardado por xogadores de todo o mundo por aspirar a converterse na grande alternativa ao Call of Duty, e aínda que ata o 27 de outubro non chegará ás tendas, hoxe principia a súa beta multi-xogador para Xbox 360 e PlayStation 3 (os usuarios de PC hai un par de días que poden acceder á súa beta), o que permite comezar a probar este título nunha misión ambientada en París no mapa da Operación Metro. Poderemos gozar do modo Rush, con 2 unidades tácticas enfrontadas, na que unah atacará a estación M-COM, mentres outra a defende e protexe.
O xogo está a recibir numerosos xogos nas feiras do sector polas que pasa, e promete ser o único shooter que ofrece a emoción e o realismo do campo de batalla grazas á experiencia do equipos de desenvolvemento de DICE e a potencia do seu motor Frostbite, que dota ao xogo dun incrible sentido da escala, con ambientes completamente destrutibles e unha animación hiper-realista. Tamén permitirá pilotar unha ampla gama de vehículos (dende camións ata helicópteros).

O xogo ofrece uns gráficos hiper-realistas


Así pode verse a beta de Battlefield 3 na PlayStation 3

PUBLICIDADE