Battlefield 3 estrea trailer con imaxes do xogo
mércores, 23 de febreiro do 2011
Durante a Game
Developers Conference de marzo agárdase que poidamos coñecer os detalles máis
importantes do agardado xogo Battlefield
3 nun evento organizado por EA e DICE, pero para amenizar a espera xa van
adiantando informacións como que a
versión para PC permitirá ata 64 xogadores simultáneos no seu modo en liña,
un
pequeno trailer de adianto e unha serie de imaxes
do xogo publicadas pola revista xermana Gamestar.
Este tÃtulo que chegará ás tendas no outono parece querer facerse un oco nun
mercado que parecÃa monopolizado pola franquÃa de Call of Duty, e que outras sagas coma Medal of Honor non conseguiron penetrar con éxito nos últimos
meses, polo que o reto ao que terá que facer fronte Battlefield 3 será complicado de superar, aÃnda que de ser asÃ
demostrarÃan que hai espazo para varias franquÃas de éxito entre os xogos de
acción en primeira persoa.
Trailer de Battlefield 3 no que pode verse a acción do xogo
- A revista alemá Gamestar adiantou varias imaxes do xogo