Battlefield 1 e Assassin’s Creed destacan entre os Xogos con Gold de novembro
martes, 30 de outubro do 2018
Microsoft
desvelou hoxe os
xogos que ofrecerá en novembro sen cargo adicional aos subscritores de
pagamento de Xbox LIVE, e tras un par de meses bastante frouxos, elevou inmensamente
o nivel para ofrecer unha selección de grandes tÃtulos que agradecerán moitos.
Por unha banda, a partires do 1 de novembro será posible facerse en Xbox One con
Battlefield
1, o grande xogo de guerra total que Electronic Arts lanzou hai un par
de anos, e que foi todo un éxito, polo que quen non se fixese con el ten agora
unha excelente oportunidade de achegarse á súa campaña e ao seu multixogador
con até 64 xogadores. Para Xbox One tamén ofrecerán a partires do dÃa 16 o xogo
Race the Sun,
tÃtulo independente de carreiras aéreas contra o tempo sen moitas pretensións.
Os xogos de Xbox 360 de novembro, que grazas á retrocompatibilidade poden
recuperarse en Xbox One, son moi interesantes, pois na primeira quincena do mes
teremos ao primeiro Assassin’s
Creed, convidando a revisar os inicios da franquÃa agora que mudou
profundamente en xénero e escala; e na segunda quincena de novembro teremos Dante’s
Inferno, un xogo que podÃa considerase inspirado en God of War, pero mudando a ambientación
da mitoloxÃa grega ás páxinas de A Divina
Comedia, concretamente no poema no que Dante percorre os Nove CÃrculos do
Inferno para rescatar a alma da súa amada Beatriz.
Temos, en definitiva, un novembro no que 3 dos 4 xogos entrarÃan na categorÃa
de AAA, o que é moi de agradecer nun momento no que tanto Microsoft como Sony
estaban a pecar de ofrecer tÃtulos independentes de pouco interese aos seus
subscritores de pagamento.
VÃdeo promocional do Xogos con Gold de novembro