Battle of Puppets será de balde ata o 15 de xuño

martes, 8 de xuño do 2010 Marcus Fernández

No mes de xaneiro un estudo de videoxogos afincado en Lugo,Small Wonders, sorprendíanos lanzando o xogo para iPhone e iPod Touch Battle of Puppets, que converteuse en todo un éxito de crítica e vendas, e que partiu dun prezo de só 1,59 euros, pero que os usuarios de terminais de Apple que aínda non se fixeran con este divertidísimo xogo de estratexia en tempo real poden facelo agora totalmente de balde ata o vindeiro 15 de xuño.
As promocións de xogos na App Store son algo bastante habitual, de xeito que moitas veces podemos ver rebaixas no prezo ou títulos de balde, o que tende a contribuír a dar a coñecer aos estudos que están detrás, polo que podemos entender que estamos ante o preludio dun novo lanzamento de Small Wonders. ¿Battle of Puppets para o iPad? ¿Un novo xogo para iPhone/iPod Touch? Posiblemente nuns días saberemos máis, aínda que de seguro que os responsables deste xogo de monicreques operísticos non decepcionarán co seu vindeiro traballo.

PUBLICIDADE