Batman, Drácula e Sonic destacan nos Xogos con Gold de marzo
mércores, 26 de febreiro do 2020
Dá a impresión de que, coa vista posta
na vindeira xeración de consolas, as compañÃas de videoxogos queren que os usuarios
vexan con mellores ollos os servizos de subscrición, e asà temos que a oferta
de Xogos
con Gold do mes de marzo ten un nivel bastante elevado, deixando asà un bo
sabor de boca que pode animar a moitos a manter as súas subscricións de
pagamento a Xbox LIVE Gold ou Xbox Game Pass Ultimate.
Os xogos para Xbox One que chegarán en marzo serán, inicialmente a aventura
gráfica Batman:
The Enemy Within, que inclúe os 5 episodios desta historia de Telltale
Games que colócanos na pel de Bruce Wayne/Batman, que terá que protexer a
cidade de Gotham da ameaza de The Riddler; completa o mes Shantae:
Half-Genie Hero, tÃtulo de plataformas que por primeira vez na súa serie
conta con gráficos en alta definición.
Pero os pratos fortes son os xogos de Xbox 360 que poden xogarse en Xbox One
grazas a retrocompatibilidade, e que serán Catlevania:
Lords of Shadow 2 (unha das entregas da franquÃa de Konami que
desenvolveu o estudio español MercurySteam) e Sonic
Generations (o xogo do ourizo azul de SEGA que chega cando o personaxe
ten pelÃcula nos cines, resultando moi oportuno).
- Sonic Generations chega aos Xogos con Gold nun momento moi oportuno