Batman Arkham Origins ampliará a súa historia en abril

mércores, 26 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

A partir do vindeiro 22 de abril os afortunados xogadores de Batman Arkham Origins para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 terán dispoñible un novo capítulo descargable para continuar as aventuras do protector de Gotham que levará por título Cold, Cold, Heart, e que vén de estrear un teaser que serve precisamente para fixar a data de lanzamento deste capítulo que narrará os inicios de Mr. Freeze, un dos mellores inimigos aos que Batman tivo que enfrontarse nesta saga de videoxogos. Os usuarios da versión para Wii U quedarán sen este contido descargable.
Este novo DLC para o último xogo de Batman esperta bastante expectación, agardándose que engada bastante historia e tempo de xogo como fixera o episodio La Venganza de Harley Quinn en Batman Arkham City. Polo que se pode ver no novo vídeo promocional, parece que veremos a Mr. Freeze facer acto de presenza nunha entrega de premios na Mansión Wayne, acompañado por varios esbirros con armas especiais que previsiblemente afectarían ao sistema de xogo e poderían levar a Batman a vestir un traxe especial para facerlles fronte, así como estrear algún novo accesorio, seguindo así as liñas habituais desta serie de xogos.


Teaser do DLC Cold, Cold, Heart para o xogo Batman Arkham Origins

PUBLICIDADE