Batman: Arkham Knight recibe novos episodios descargables
mércores, 25 de novembro do 2015
O xogo Batman: Arkham Knight, que
por fin está dispoñible con normalidade para as súas tres plataformas (Xbox
One, PlayStation 4 e PC) tras solucionar os seus problemas (aÃnda que non
completamente) na versión para ordenadores persoais, estrea hoxe novo contido
descargable, que poderán descargar sen custo adicional os que adquirisen o pase
de tempada e que tamén poderá adquirise por separado (aÃnda que estes últimos terán
que agardar ao 1 de decembro para poder efectuar a descarga).
O DLC de novembro inclúe o batmóbil e o bat-traxe que aparecerán no filme Batman v. Superman, e un par de
episodios que ampliarán a historia do xogo permitindo controlar a personaxes
alternativos: asà en Catwoman’s Revenge
adoptaremos o rol de Catwoman nunha aventura que ten lugar despois dos eventos
de Batman: Arkham Knight, de xeito
que a protagonista perseguirá a vinganza do Riddler; mentres que en Robin: Flip a Coin o compañeiro do
Cabaleiro Escuro terá que enfrontarse a Dúas Caras.
VÃdeo promocional dos contidos descargables para Batman: Arkham Knight que se estrean hoxe