Batman: Arkham Knight adíase até 2015

martes, 3 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Pese a que o xogo Batman: Arkham Knight, que poría fin á triloxía de xogos do gardián de Gotham emprendida por Rocksteady Games esperaba chegar ao mercado este outono para PC, PlayStation 4 e Xbox One, os seareiros desta excelente saga teremos que agardar uns meses máis para poder gozar deste novo episodio das aventuras de Batman, xa que o xogo adía o seu lanzamento até 2015, segundo vén de deixar claro o novo trailer do mesmo, no que nos permiten ver en detalle unha das súas novidades máis prometedoras: o batmóbil.
O vehículo co que o cabaleiro da capa contará en Batman: Arkham Knight non só permitirá que se desprace dun lado a outro da cidade, senón que funcionará como un auténtico carro de combate fortemente armado, resultando de grande axuda para a súa loita contra o Espantallo e o seu novo aliado, o misterioso Arkham Knight, que é o personaxe que dá nome a este xogo. Do batmóbil tamén pódese comentar que actuará como unha extensión do protagonista do xogo, servindo non só para os seus desprazamentos, senón podendo controlarse tamén a distancia, o que abrirá novas posibilidade xogables.


Trailer de presentación do novo batmóbil