Batman: Arkham City permitirá vestir ao seu protagonista de distintas versións do personaxe

martes, 2 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O número de peles para o personaxe principal de Batman: Arkham City</Em> é bastante xeneroso

O xogo Batman: Arkham City está a ser moi esperado, e parece que vai ser un éxito incluso antes de chegar ás tendas, de aí que non sorprenda que conte cunha edición de coleccionista de auténtico luxo, pero a estratexia de contidos adicionais para o xogo que conseguirían de balde os que reserven o título segundo en que tenda está a resultar un tanto abraiante, pois parece ser que cada grande cadea de distribución está a contar con múltiples peles que permiten disfrazar ao protagonista do xogo en distintas encarnacións do home morcego.
Así, os que encarguen Batman: Arkham City na británica ShopTo.net o una norteamericana Toys R Us poderán facerse cunha pel que dará a Batman a aparencia que tiña nos comics nos anos 70; cadeas como a británica GameStop regalará a pel de Batman Beyond (tamén coñecida como Batman del Futuro); a mencionada edición de coleccionista inclúe en todo o mundo a pel do Batman do cómic The Dark Knight Returns (El Retorno del Señor de la Noche); a tenda neocelandesa MightyApe permitirá facerse coa pel do Batman da serie animada de televisión creada por Bruce Timm e tamén a correspondente ao cómic que se publicará na segunda metade do ano nos EE.UU. Batman: Earth One. Toda unha profusión de uniformes que agradecerán os seareiros dalgunhas encarnacións en concreto do personaxe, e que supomos que tamén será posible conseguilas mediante contido descargable de pagamento.

PUBLICIDADE