Batman: Arkham City apostará pola liberdade de movementos cun mapa de grandes dimensións

martes, 1 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

No outono teremos finalmente o xogo Batman: Arkham City, unha secuela moi agardada por continuar cunha saga que foi toda unha sorpresa pola súa calidade ata converterse no que posiblemente é a mellor adaptación dun personaxe de cómic ao mundo do videoxogo, e do que imos sabendo detalles cada mes. Esta semana o que dan a coñecer da man do director dos estudos Rocksteady, Sefton Hill, é que o novo título terá un mapa 5 veces máis grande que o de Batman: Arkham Asylum, para aumentar a liberdade de movementos do xogador, que poderá elixir se centrarse no núcleo narrativo ou emprender outros retos secundarios, descubrir segredos ou explorar rúas de xeito que será doado meterse en loitas contra os moitos delincuentes que aparecen nesta nova aventura do cruzado enmascarado.
Dende Rocksteady tamén distribuíron unha serie de imaxes novas do xogo, nas que podemos ver a Dúas Caras, Harley Quinn e distintas secuencias de Batman: Arkham City.

Será doado participar en combates ao longo de toda a cidade
Harley Quinn volverá a aparecer nesta nova entrega do Batman de Rocksteady Studios
O mapa do xogo será 5 veces maior que o da súa anterior entrega
O xogo recuperará a mestura de combate e sixilo coma fórmula de éxito
Rocksteady Studios distribuíu imaxes promocionais entre as que figura un orixinal cartel protagonizado por Dúas Caras

PUBLICIDADE