Batería externa para o iPad 2 a xogo coa funda Smart Cover

xoves, 25 de agosto do 2011 Marcus Fernández

As dimensións da batería coinciden coas dunha das láminas que forman unha funda Smart Cover

Para incrementar a autonomía do iPad 2 na tenda en liña Brando teñen á venda unha orixinal solución que consiste nunha batería externa que pode adherirse ao protector Smart Cover do tablet de Apple, facilitando o seu transporte, xa que ao ter só 6 milímetros de grosor (e pesar 78 gramos) case pasa desapercibida.
Esta batería recargable externa fabricada por Anytone ten unha capacidade de 3.000 mAh, polo que debería servir para incrementar a autonomía do iPad 2 máis de 4 horas, aínda que tamén pode aproveitarse para cargar o iPhone 4, o que tamén é unha utilidade moi interesante para este accesorio dispoñible en vermello ou amarelo por 38 dólares (26,45 euros).

Con só 6 milímetros de grosor esta orixinal batería pode combinarse perfectamente coa funda Smart Cover

PUBLICIDADE