Batería externa para cargar o smartphone en mobilidade

martes, 18 de decembro do 2012 Marcus Fernández

As grandes pantallas dos smartphones e a súa posibilidade de estar constantemente conectados á Internet, sumado ao feito de que moitos modelos teñen unha batería integrada que non pode substituírse en mobilidade, supoñen todo un problema para a autonomía dos dispositivos móbiles, e para solucionalo chegan accesorios como o PhoneSuite Power Core Micro, unha batería recargable externa de 3.500 mAh (suficiente para cargar un par de veces a meirande parte de smartphones) capaz de achegar ata 1 ampere e 5 W a través de USB, polo que pode empregarse tanto para cargar móbiles Android pro micro USB ou dispositivos de Apple mediante o conector de 30 pins ou cable Lightning.
O PhoneSuite Power Core Micro mide 74 x 21 x 31 milímetros, pesa 79 gramos, nunha carcasa resistente e elegante que inclúe un medidor de carga de 4 puntos LED. O seu prezo de venda é de 79,95 dólares (60,64 euros), o que parece un prezo bastante atinado se temos en conta a capacidade e potencia capaz de achegar esta batería externa (outros modelos máis baratos poden cargar un móbil, pero non poden facer tal cun iPad).

Ao contar cun porto USB completo esta batería serve para cargar practicamente calquera smartphone e tablet do mercado

PUBLICIDADE