Base para o iPod que funciona coma espertador con vibración

martes, 2 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Os iPod e iPhone contan cun amplo abano de bases de carga que integran altofalantes e espertador, de xeito son ideais para colocar na mesiña de noite, e dentro destes dispositivos o iMM178 Vibe Plus de iLuv vai a onde ningún outro foi antes, engadindo un módulo externo con vibración pensado para colocar debaixo da nosa almofada que, aparte de servir para ser máis consciente das alarmas programadas, tamén inclúe un pequeno altofalante e control de volume, polo que non é preciso dar a volta para escoitar claramente a nosa canción favorita ou un programa de radio (a base tamén inclúe sintonizador de radio FM).
Este orixinal dispositivo permite que durmamos ou espertemos escoitando a radio ou a música no iPod/iPhone, así coma tamén podemos espertar cun pitido (a elixir entre 7) ou coa vibración do accesorio externo. A súa radio FM conta con 8 memorias programables e o seu prezo estimado é de 89,99 dólares (66,35 euros) polo que estamos ante un produto cun prezo bastante axustado se comparámolo con outros trebellos semellantes que hai no mercado.

Se esquecemos o accesorio vibratorio, o iMM178 é como moitas outras bases para o iPod que hai no mercado

PUBLICIDADE