Base Dock para o iPhone 3G

luns, 14 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que se fixeron co novo iPhone 3G atoparon que para conectalo ao ordenador só contaban cun cable USB e non cunha base Dock (que si se incluía de balde no anterior móbil de Apple) e, para solucionar esta carencia, Apple vende xa unha base Dock adaptada para o novo iPhone (pois non é compatible con moitas outras bases existentes) por 25 euros.
A base Dock para o iPhone 3G permite non só conectar o equipo ao PC por USB, senón que tamén incorpora unha saída de audio de línea (moi práctica para conectar o dispositivo a uns altofalantes amplificados) e incluso permite falar en mans libres (pois de conectar o iPhone a outras bases de Apple o móbil entra en modo voo, o que desactiva o teléfono e a conectividade sen fíos).

PUBLICIDADE