Barrio Sésamo terá xogos para Wii e Nintendo DS no verán
mércores, 4 de maio do 2011- Coco porá retos a Elmo e Abby para fomentar o exercicio fÃsico
Mentres Double
Fine está a
prepara un xogo de Barrio Sésamo para Xbox 360 e Kinect, Warner Bros.
Interactive Entertainment anuncia Barrio
Sésamo: ¿preparados? ¿listos? ¡Coco! Y Elmo El Videojuego, tÃtulo para os máis
cativos da casa que chegará no verá para Wii e Nintendo DS, e que con moita
acción e diversión busca promover hábitos de vida saudables entre os nenos en
idade preescolar, na liña da popular serie televisiva na que se inspira o xogo.
Esta videoxogo busca que os nenos se exerciten mentres se divirten a través de
estiramentos, saltos e bailes, «amosándoselles
tamén cómo asearse e explÃcanselle os beneficios da comida sa ao logo de todo o
xogo» segundo comentou Rosemarie Truglio, vicepresidenta de Educación e
Investigación do Sesame Workshop (entidade sen ánimo de lucro detrás da
mencionada serie de televisión).
No xogo, Coco proponse crear unha serie de retos para axudar aos seus amigos a
ser máis activos, de xeito que Elmo e Abby deberán saltar obstáculos, remar e
xogar a Coco di, o que pretende ser
moi divertido para os xogadores. Amais, a
copia de Wii incluirá unha funda para o mando da consola coa aparencia de Coco
(que tapará os botóns innecesarios para o xogo, facendo máis doado o seu uso)
mentres que na DS incluirá unha stylus
xigante para facilitar a interacción coa pantalla táctil da portátil de
Nintendo para usuarios con mans pequenas.
- A versión para Wii incluirá unha funda para o mando coa aparencia de Coco