Bard será a resposta de Google a ChatGPT
luns, 6 de febreiro do 2023
Nos
últimos meses as intelixencias artificiais xenerativas conseguiron captar
grande atención do público, dando a entender que van ser unha grande
revolución, de xeito que algunhas compañÃas tecnolóxicas tiveron que apostar
pola IA para non dar a impresión de quedar atrás, e nesta liña está agora
Google, que para deixar claro que levan moito tempo subidos ao tren lembran que
nos últimos anos Google AI e DeepMind teñen realizado avances innovadores,
entre os que está Transformer, proxecto
de investigación que xunto con outros avances de Google en modelos de difusión
sentan as bases de moitas das aplicacións de intelixencia artificial xenerativa
que están a chegar ao grande público.
Para que non parece que van a remolque de ChatGPT, dende Google lembran que hai
dous anos presentaron unha nova xeración de funcións lingüÃsticas e de conversa
baseadas no novo modelo LaMDA (Language Model for Dialogue Applications), sobre
o que están
a traballar nunha intelixencia artificial experimental de conversa que chaman
Bard, e que veñen de abrir a un grupo de testers de confianza, que
se encargarán de probala antes de poñela a disposición do público nas vindeiras
semanas.
O obxectivo de Bard é combinar a base de coñecementos do mundo coa potencia, a
intelixencia e a creatividade dos grandes modelos lingüÃsticos de Google. Bard
toma información da Internet e emprégaa para ofrecer respostas actuais e de
alta calidade. Deste xeito podemos ter unha ferramenta que sirva simplemente
para saciar a curiosidade, dar renda á creatividade ou para tarefas como
explicar a un cativo dun xeito sinxelo algún concepto complexo.
Bard botará a andar cun modelo LaMDA reducido (cuns requirimentos de potencia
de cálculo inferiores) para chegar a máis usuarios e permitir asà máis
comentarios, que logo combinaranse coas probas internas de Google para axustar
as respostas de Bard.
Google aproveitou o anuncio de Bard para deixar caer que están traballando para
incorporar os avances da IA aos seus produtos, comezando polo buscador, que
prevé contar con funcións asistidas pola IA capaces de procesar información
complexa e presentala en formatos doados de entender.