Banjo-Tooie chega ao Bazar de Xbox LIVE
mércores, 29 de abril do 2009
- Bionic Commando estreou hoxe demo multi-xogador
O Bazar de Xbox
LIVE recibiu hoxe cos brazos abertos o xogo de plataformas Banjo-Tooie,
que no seu dÃa aparecera para a consola Nintendo 64, e que agora adaptouse para
a Xbox 360. Este lanzamento tamén vén acompañado polo xogo de loita de robots Cyber
Troopers Virtual On Oratio Tangram que saÃra no seu dÃa para a
Dreamcast de SEGA. O prezo de ambos é de 1.200 puntos (14,4 euros) aÃnda que
tamén gozan dunha versión de demostración de balde.
E falando de demostracións, o futuro Bionic
Commando estreou tamén unha curiosa demo de balde
para usuarios Gold de Xbox LIVE (que durante a vindeira fin de semana serán
virtualmente todos os que conecten a súa Xbox 360 á Internet) na que en vez de
amosar cómo será o xogo principal, déixanos participar en curiosas partidas
competitivos de 8 xogadores en liña, o que non serve para ponderar a calidade
do xogo, pero si para divertirse durante os 5 minutos que duran os enfrontamentos
a morte.
- Banjo-Tooie resulta moi divertido para os cativos
O certo é que de entre todas as estreas de hoxe, Banjo-Tooie, pese a non ser un tÃtulo que destaque tecnicamente,
deberÃa ser considerado o lanzamento da xornada, pois de seguro resulta do
agrado para o público de Banjo-Kazooie
e a súa saga de xogos de plataformas en 3D protagonizados por animais
antropomorfos. De feito Banjo-Tooie é
unha secuela de Banjo-Kazooie , aÃnda
que desta volta só houbo que agardar uns meses para vela (mentres que a
separación dos tÃtulos orixinais foi duns 2 anos).
Este tipo de xogos están pensados principalmente para un público moi infantil,
pero tamén pode gozar dos mesmos un usuario que guste de xogos de plataformas
coma os de Mario, aÃnda que tendo en
conta que as historias que se narrarán durante a experiencia de xogo serán bastante
tópicas e predicibles.