Band Hero estrea demo para Xbox 360
xoves, 15 de outubro do 2009
A franquÃa de
xogos musicais de Activision está lonxe de rematar, e agora o Guitar Hero amplÃa o seu abano de
estilos cunha nova marca, Band Hero, non é
outra cousa que unha versión do Guitar
Hero 5 no que substitúen os temas roqueiros
por cancións popeiras, o que xa
podemos comprobar dende hoxe, pois o
Bazar de Xbox LIVE estreou unha demo do xogo dispoñible para usuarios Gold,
e que permite comprobar cómo será este xogo a través de 3 das súas cancións
(dun catálogo
bastante completo): Paralyzer de
Finger Eleven, Walking on Sunshine de
Katrina & The Waves e Picture to Burn
de Taylor Swift.
Esta demo permite xogar en modo Partida
en grupo (coa mecánica tradicional neste tipo de xogos) e A cantar (que casualiza o xogo converténdoo nun karaoke no que poden participar
varios usuarios simultáneos).
Para o xogo definitivo para Xbox 360, PlayStation 3 e PlayStation 2 deberemos
agardar ao 6 de novembro, mentres que os usuarios da Wii deberán agardar 6 dÃas
máis para poder velo nas tendas españolas.