Bad Piggies será o novo xogo de Rovio á sombra dos Angry Birds

mércores, 5 de setembro do 2012 Marcus Fernández

A franquía de xogos de Angry Birds de Rovio conta xa con 3 grandes xogos descargables xunto con varios xogos web, polo que correo o perigo de caer na monotonía, o que queren arranxar cun spin-off, Bad Piggies, que será un xogo no que, en vez de centrase nos paxaros anoxados, terá como protagonistas aos porquiños malos, confirmándose xa a súa saída para iOS, Android e OS X o vindeiro 27 de setembro, chegando máis adiante a Windows Phone, Windows 8 e PC.
O novo título manterá o mesmo rango de prezos que os seus predecesores, ambientarase no mesmo universo e, en vez de enfocarse á destrución do inimigo, centrarase no roubo de ovos deliciosos para o que será preciso construír vehículos e trebellos que faciliten a operación, premiándose a nosa habilidade con puntuacións que chegan ata 3 estrelas como viña a ser habitual na franquía.
Dende Rovio aseguran que este título resultará moi aditivo e intuitivo, afastándose da complexa mecánica de Amazing Alex, que pese a ter un bo inicio, non conseguiu manterse en boas posicións de vendas como o resto de títulos da compañía finlandesa.


Vídeo promocional de Bad Piggies

PUBLICIDADE