BSA lembra con novas accións xudiciais os riscos de empregar software ilegal

venres, 22 de xuño do 2012 Raquel Noya

Business Software Alliance (BSA), a encargada de velar polo bo funcionamento da industria mundial do software loitando contra o uso de programas ilegais, vén de emprender unha acción xudicial contra unha empresa da Coruña, “por presunto uso de software ilegal”, indican.
Trátase dunha firma do sector da enxeñaría na que segundo afirman, se inspeccionaron 22 ordenadores, e nos que presuntamente se detectou software ilegal cuxa estimación económica “é de entre 130.000 e 150.000 euros”, afirma a entidade.
BSA aproveita este feito para lembrar que as empresas que utilizan software sen licencia arríscanse a pagar danos e perxuízos polas licenzas de software que deberían ter adquirido en primeira instancia, e tamén a perder datos importantes ou a que os sistemas fallen e impidan recuperar arquivos de valor.
O valor comercial do software sen licenza instalado nos ordenadores de España o ano pasado acadou, segundo afirman, “un máximo récord de 874 millóns de euros”, “consecuencia”, din, “dun índice de pirataría de software do 44%”, que subiu un punto porcentual respecto ao 43% rexistrado no 2010, e que supón volver aos niveis de 2003.
Estas son algunhas das conclusións do Estudio Global de Piratería de Software da Business Software Alliance (BSA), que avalía anualmente o estado de la piratería de software en todo o mundo.

PUBLICIDADE