BFAero xa ten media ducia de proxectos acelerábeis
luns, 15 de abril do 2019
Business
Factory Aero (BFAero), a
aceleradora galega do sector aeroespacial, vén
de dar a coñecer os nomes da media ducia de proxectos que
participarán finalmente na súa primeira edición: tres achegas
galegas, dúas de Madrid e unha de Valencia. Segundo
informou a ConsellerÃa de EconomÃa, impulsora da iniciativa, ao
proceso de selección presentouse a salientábel cifra de 48
candidaturas, das que se elixiron 16 finalistas, entre as que
destacaron as propostas da nosa terra, copando a metade das
contribucións (tres na provincia de Pontevedra, tres na Coruña e
outras dúas de Lugo).
Estes
16 proxectos participaron o venres 10 de abril nunha xornada Pitch
Day celebrada en Lugo, onde tiveron ocasión de defender as súas
candidaturas, primeiro nunha entrevista persoal co equipo promotor e
logo a través de breves presentacións perante o comité executivo.
Tras as deliberación deste, a directora da Axencia Galega de
Innovación (GAIN) e presidenta do comité, Patricia Argerey,
comunicou os proxectos seleccionados e entregoulles os diplomas.
Argerey salientou a alta calidade das iniciativas e animou aos
responsábeis das propostas que non resultaron elixidas a madurar as
súas ideas e intentalo en vindeiras edicións da aceleradora, que
ten previsto dúas convocatorias máis até acoller 19 proxectos en
total.
Estes
son os 6 proxectos finalmente elixidos: Dronewind (con sede en
Oleiros, trátase dun proxecto de vehÃculos aéreos non tripulados,
UAV, para realizar fotografÃas das tres palas dun eólico polo
anverso e reverso, sen necesidade de parada, destacando pola súa
rapidez na toma de datos e polo aforro que pon en xogo, xa que non se
detén a produción), Propulsión con células de combustÃbel de
hidróxeno (con sede en Madrid, propón unha alternativa ao uso de
baterÃas en UAV de até 25 quilos, mediante a produción de enerxÃa
eléctrica por células de combustÃbel de hidróxeno, sendo
obxectivo final obter tempos de voo que tripliquen os actuais),
RadioUAV (proxecto impulsado dende a Universidade de Vigo, trátase
do desenvolvemento de sistemas para tarefas de inspección non
destrutiva, detección e identificación con sensórica activa e
pasiva), LUPEON (dende Nigrán, consiste no deseño e optimización
topolóxica de pezas estruturais de UAV asà como a fabricación
aditiva de ditas pezas en composites plásticos ou metálicos
co fin de reducir o peso dos vehÃculos aéreos e asà conseguir
maior autonomÃa de voo), Avión VTOL de UAVWorks (con orixe en
Valencia, o proxecto achega unha aeronave convertÃbel única no
mundo, sinxela, de baixo custo de operación e mantemento, versátil
e operativa en contornas marxinais e, tamén, con grande autonomÃa e
alcance con capacidade VTOL) e Desenvolvemento dun UAV helicóptero
para aplicacións de Alpha Unmaned Systems (con sede en Madrid,
consiste en na materialización dunha plataforma VTOL tipo
helicóptero para uso civil).
A
primeira aceleradora galega aeronáutica
Para
quen non o saiba, BFAero é da primeira aceleradora galega
especializada no sector aeronáutico, posta en marcha pola Xunta co
respaldo de empresas referentes no sector como Indra e Babcock, e co
apoio do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a
Axencia Galega de Innovación (GAIN), asà como da Fundación da
Confederación de Empresarios de Lugo. A iniciativa busca solucións
innovadoras no sector aeronáutico e de vehÃculos non tripulados
(UAV e USV).
As
iniciativas admitidas na aceleradora disporán do apoio económico da
Xunta, accedendo a un financiamento a fondo perdido de até 100.000
euros na fase de incubación e de 50.000 en aceleración. A maiores,
optarán a un financiamento en forma de préstamos de Indra de entre
50.000 e 500.000 euros en incubación e sen lÃmite en aceleración.
Tamén en aceleración terán acceso a préstamos participativos de
até 250.000 euros de Xesgalicia.
Ademais, poderán facer uso
dos espazos de coworking, oficinas individuais equipadas,
aulas de formación e servizos de asesoramento técnico que pon á
súa disposición a Fundación CEL, asà como das instalacións do
complexo do aeródromo de Rozas, onde os proxectos poderán utilizar
os drons de Indra e Babcock (Targus e Lua) e outros equipamentos
especializados do ámbito da Civil UAV Initiative.