BEAM, a chapa conectada
luns, 18 de decembro do 2017
AÃnda
que as insignias ou chapas son
elementos decorativos con séculos de historia, durante os anos 80 convertéronse
en todo un fenómeno de moda para que a xente moza puidese vestilos para amosar
a súa afinidade a elementos culturais de distinta Ãndole ou amosar a súa
adhesión a causas e organizacións, e aÃnda que este tipo de accesorio foi perdendo
pulo, continúa a estar vivo máis aló das campañas polÃticas, aÃnda que con
menos intensidade que no pasado, o que non impediu que dende BEAM Authentic desenvolvesen unha
orixinal versión conectada.
Temos asà que BEAM é unha insignia con conectividade Bluetooth que está
composta por un disco que integra unha pantalla AMOLED de 400 x 400 pÃxeles,
baterÃa cunha autonomÃa de entre 24 e 48 horas e capacidade para almacenar até
100 imaxes (soportando incluso GIF animadas). Este produto comportarÃase como
unha chapa tradicional, pero o seu
contido serÃa dinámico e controlable mediante unha aplicación
para iOS ou para
Android, de xeito que o usuario pode cargarlle as imaxes que guste feitas
por el mesmo, atopar outras imaxes creadas por outros usuarios ou incluso
recibir contidos de amigos, organizacións ou equipos deportivos, converténdose
nun elemento máis social do que serÃa un distintivo normal.
Para facer máis práctico o accesorio, integráronlle un botón lateral, que de
premerse durante 10 segundos pode facer a función de botón de pánico, remitindo
unha mensaxe de texto e a localización GPS a través do teléfono até a 4
destinatarios predeterminados a través da aplicación oficial de BEAM.
Este curioso trebello está dispoñible en cor branca ou negra, cárgase por micro
USB , suxéitase de varios xeitos (mediante unha correa, unha placa magnética ou un imperdible) e como grande eiva
ten o seu prezo, que é de 99 dólares, cantidade pola que poderÃan adquirirse
moitÃsimas insignias estáticas, aÃnda que o formato dinámico e a posibilidade
de, por exemplo, amosar animacións de campañas o memes da Internet poden facer que algúns aposten por este orixinal
accesorio como un xeito de captar a atención.
Polo momento os BEAM só se comercializan en EE.UU. e Canadá, e os seus responsables
buscan principalmente o seu uso como unha ferramenta de expresión ligada a causas
(algúns dos contidos da súa aplicación oficial só poden desbloquearse realizando
unha doazón á certas entidades sen ánimo de lucro).
- Os responsables de BEAM Authentic buscan que este accesorio sexa unha ferramenta de expresión que canalice achegas a entidades sen ánimo de lucro