BADLAND chegará a consolas e PC en primavera

xoves, 29 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Frogmind Games sorprendeu en 2013 co seu xogo para móbiles BADLAND, que conseguiu o recoñecemento como mellor xogo para iPad dese ano, e finalmente prepárase para a súa estrea en plataformas tradicionais esta primavera, para cando se prevé a súa estrea en PC, Xbox One, Wii U, PS4, PS3 e PS Vita. Esta nova versión chegará baixo o título de BADLAND: Game of the Year Edition, e redeseñouse para pantallas grandes amosando uns gráficos aínda máis detallados, á vez que modificou o seu control para afastarse dos simples toques en pantalla do xogo orixinal.
A nova entrega de BADLAND terá catro veces máis contido que o xogo orixinal, garantindo unhas 15 horas de xogo a través dos seus 100 niveis para un xogador, 100 niveis cooperativos e 27 escenarios para un modo deathmatch multi-xogador para até catro persoas en local.
Para facer posible o lanzamento deste xogo en tantas plataformas Frogmind tivo que aliarse con outros dous estudios independentes, como son Blitworks (Fez, Spelunky e Bastion) e Frozenbyte (Trine), o que é toda unha garantía de calidade.


Trailer de BADLAND: Game of the Year Edition

PUBLICIDADE