Atari distribuirá o xogo dos Cazapantasmas
luns, 10 de novembro do 2008
Despois de moitos
meses de incerteza, Atari
anuncia que se fará carga da
distribución do xogo Ghostbusters,
que devolverá á actualidade aos personaxes das pelÃculas dos Cazapantasmas no 25 aniversario da súa
primeira entrega cinematográfica.
O
novo xogo sairá en 2009 para PS3, PS2, Xbox 360, PC, Nintendo DS e Wii,
e situará ao xogador 2 anos despois de Cazapantasmas
II, construÃndo o que serÃa unha secuela das pelÃculas anteriores,
conservando a esencia da franquicia: salvar New York de pantasmas e forzas
sobrenaturais grazas a un guión dos propios Harold Ramis e Dan Aykroyd.
Os propios protagonistas das pelÃculas (agás Rick Moranis, que decidiu deixar de traballar despois do éxito das pelÃculas de Cariño, he encogido a los niños) porán voces aos personaxes do videoxogo, que será un dos moitos produtos que aparecerán para celebrar o 25 aniversario da saga, con xoguetes, camisetas, comics e mesmo o lanzamento en Blu-ray das 2 pelÃculas orixinais.