Ata o domingo será posible xogar de balde a Star Wars: The Old Republic

mércores, 16 de maio do 2012 Marcus Fernández

Dende este xoves, e ata o vindeiro domingo celebrarase unha longa fin de semana no xogo Star Wars: The Old Republic, na que será posible xogar de balde a este título masivo en liña para todos os que non probaron este xogo anteriormente, de xeito que os usuarios que gocen da experiencia poderán adquirir o xogo despois da proba conservando os personaxes que creen nos vindeiros días.
Para acceder a esta fin de semana de proba non é preciso introducir datos de tarxeta de crédito, poderá xogarse de xeito ilimitado durante 4 días, será posible chegar ata o nivel 15 dentro do xogo e explorar os mundos de orixe de cada clase de personaxe (así como o mundo capital da facción elixida) e tamén será posible acceder a algunhas das zonas de combate nas que enfrontarse a outros xogadores.

Durante a vindeira fin de semana poderá xogarse de balde a este interesante xogo en liña que é o único competidor de peso do World of Warcraft

PUBLICIDADE