Asus quere combinar móbil e tablet nun único dispositivo
luns, 30 de maio do 2011
Hoxe
botou a andar o Computex en Taipei, e parece que o produto máis rechamante de
toda a xornada foi a última novidade de Asus, pois a compañÃa asiática tivo a
ben presentar
o seu Padfone, un dispositivo que mestura un móbil Android cun tablet.
O concepto serÃa unha analoxÃa ao uso de grandes monitores externos en
combinación cun ordenador portátil, de xeito que poderiamos levar sempre
connosco un móbil de Asus que, para poder gozar de maior autonomÃa e dunha
maior pantalla poderÃa inserirse nunha carcasa de tablet.
Esta xogada de Asus parece bastante
intelixente, pois é ben certo que a meirande parte dos tablets a nivel de
hardware non son outra cousa máis que un smartphone
con pantalla grande, polo que fusionar ambos dispositivos supón un aforro
significativo.
O Padfone está composto por un móbil con
pantalla de 4,3 polgadas e unha base-tablet
con pantalla de 10,1 polgadas. Polo momento non se detalla a versión de
Android que terá este orixinal produto, pero parece probable que o seu
lanzamento adÃese ata que estea dispoñible una nova versión de Android que fusione
as actuais versión 2.x (para móbiles) e 3.x (para tablets) do sistema operativo
promovido por Google.
VÃdeo promocional do Padfone
Tamén tablet con pantalla 3D
AÃnda que
os tablets presentados por Asus nos últimos meses non parecen ter atopado un
lugar destacado no mercado (en boa medida pola posición dominante do iPad de
Apple), o fabricante taiwanés non se rende e quere brillar con luz propia
grazas ao seu novo Eee
Pad MeMO 3D, que con sistema operativo Android e unha pantalla multi-táctil
de 7 polgadas que tamén funciona cunha stylus
incluÃda e que terá como principal atractivo que a súa pantalla será
autoestereoscópica, ou sexa, que será 3D sen
lentes, co que buscan diferenciarse dos seus competidores.