Asus presenta un tablet de 7 polgadas con funcións de teléfono móbil

luns, 25 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

Dentro dos anuncios realizados hoxe por Asus en Barcelona resultou un tanto rechamante o seu novo tablet chamado Fonepad, que consisten nun dispositivo con pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles e Android 4.1 que diferénciase claramente doutros tablets por funcionar cun procesador Intel Atom Z2420 e por contar con conectividade 3G, incluíndo o uso de voz, ou sexa, que é un tablet con función de teléfono (tanto a través do seu micrófono integrado como mediante Bluetooth).
O Fonepad chegará en versións con 16 ou 32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), batería de 4.270 mAh e cámara frontal de 1,2 Mpíxeles a un prezo que partirá dos 219 euros, polo que podería resultar unha opción especialmente para usuarios profesionais que precisan que queren utilizar un dispositivo altamente portátil (só pesa 340 gramos) para labores ofimáticas á vez que evitan ter que cargar cun móbil de empresa.

PUBLICIDADE