Asus non dá por mortos aos netbooks

mércores, 28 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O éxito dos tablets e a emerxencia dos ultrabooks parecían anunciar a morte dos netbooks ou ultraportátiles de baixo custo, pero fabricantes deste tipo de dispositivos non parecen darse por vencidos, e así temos agora o Asus Eee PC 1225B, un equipo que chega cunha pantalla LED de 11,6 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador de dobre núcleo AMD Fusion APU E450 a 1,65 GHz ou C60 a 1 GHz, gráfica AMD Radeon HD 6320/3290, 2/4 Gb de RAM, 320/500/750 Gb de disco duro, Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, webcam, lector de tarxetas de memoria, 1 porto USB 2.0, 2 portos USB 3.0, Ethernet, conectores VGA e HDMI, batería de 6 celas que achégalle unha autonomía de ata 7 horas e un peso de 1,44 quilogramos, ou sexa, un ordenador cunhas prestacións máis que aceptables, pero conservando as vantaxes dun formato compacto.
Estes equipos funcionan con Windows 7 Home Premium, as súas gráficas soportan DirectX 11, poden reproducir contidos en alta definición (e amosalo ata a 1.080p a través de HDMI sen latencia) e incluso teñen unha pantalla un pouco maior que as habituais nos ultraportátiles (que tenden ás 10,2 polgadas). Tamén comercialízanse en 2 cores brillantes (branco e negro) e 3 cores mate (vermello, gris ou prata).

PUBLICIDADE