Asus Eee PC: un portátil para os que gustan da mobilidade

mércores, 6 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O aumento do tamaño dos ordenadores resulta un tanto contraditorio (pois reduce a mobilidade dos equipos) polo que algúns fabricantes comezan a comercializar portátiles de tamaños sumamente reducidos, coma Asus, que ten xa un equipo de 22,5 x 16,5 x 2,1-3,5 centímetros e un peso de só 890 gramos.
O Asus Eee PC ten unha pantalla de 7 polgadas, procesador Intel, tarxeta gráfica Intel UMA, 512 Mb de memoria DDR2-400, disco interno con tecnoloxía Flash de capacidades de entre 4 e 16 Gb, webcam integrada e conectividade Wi-Fi e Fast Ethernet, sendo compatible tanto con Linux coma con Windows XP. Sumando a súa autonomía de 3 horas temos un dispositivo que se converte nun sistema moi atractivo para o acceso á Rede que calquera lugar, xa que supera en versatilidade ós portátiles actuais.

PUBLICIDADE