Assetto Corsa estrea edición definitiva para PS4 e Xbox One

venres, 20 de abril do 2018 Marcus Fernández

Durante os últimos anos o xogo Assetto Corsa conseguiu situarse entre os grandes referentes do mundo da condución, e para que os novos usuarios que se acheguen a el en consolas de videoxogos poidan gozar ao máximo do mesmo Kunos Simulazioni e 505 Games anuncian o lanzamento de Assetto Corsa Ultimate Edition, que xa podemos mercar para PlayStation 4 e Xbox One, e que sería a edición máis completa posible deste simulador de carreiras.
Esta Ultimate Edition inclúe todos os vehículos e pistas editadas para Assetto Corsa, de xeito que por 39,99 euros podemos gozar do que entenderíase como o xogo completo. Sobra dicir que estamos ante a última versión do xogo con todos os contidos descargables lanzados até o momento, o que suma unha cantidade abraiante de posibilidade, facilitando o acceso a 178 coches reproducidos á perfección, de marcas como Ferrari, Porsche, BMW, Audi, McLaren, Lamborghini, Corvette, Maserati... sendo tamén moi precisas as 33 configuracións de pista dos 16 circuítos incluídos, para goce os xogadores tanto nos modos individuais como nos desafíos multixogador en liña.

Os vehículos do xogo están reproducidos cun elevado nivel de detalle
178 vehículos están dispoñibles na nova edición de Assetto Corsa

Tráiler de lanzamento de Assetto Corsa Ultimate Edition

PUBLICIDADE