Assetto Corsa EVO está dispoñible en acceso anticipado
venres, 17 de xaneiro do 2025
Dentro dos xogos de condución está a buscar deixar pegada Assetto Corsa EVO, tÃtulo que aposta polo realismo, e que os máis ansiosos poden gozar xa no seu ordenador persoal grazas a que está dispoñible en Steam mediante acceso anticipado a un prezo promocional de 31,99 euros.
O xogo incluirá vehÃculos de distintas clases que abranguen anos da historia do motor, dende coches clásicos até coches de carreiras, reproducidos con grande realismo mediante o motor Kunos, que simula tamén o rendemento mecánico, electrónico e aerodinámico, combinado coa fidelidade dos circuÃtos creados mediante a tecnoloxÃa Laserscan.
Cómpre salientar que este motor é compatible con configuracións de pantalla tripla e visores de realidade virtual (aÃnda que esta última modalidade de xogo aÃnda está sen pulir).
En acceso anticipado o xogo conta cos modos práctica, carreira rápida e autoescola, cinco circuÃtos de competición e 20 vehÃculos como o Audi RS 3 Sportback, o Chevrolet Camaro ZL1, o Porsche 911 GT3 Cup (992) ou o Volkswagen Golf 8 GTI Clubsport.
Tráiler do acceso anticipado de Assetto Corsa EVO