Assassin’s Creed contará cunha nova triloxÃa de xogos descargables
mércores, 1 de abril do 2015
Ubisoft está a espallar a franquÃa de Assassin’s Creed por máis localizacións do mundo, onde sitúa custos
de Assassins para desenvolver novas historias e que na nova triloxÃa Assassin’s
Creed Chronicles trasladará a acción a China, India e Rusia a través de
tres xogos independentes que chegarán en formato descargable a PS4, Xbox One e
PC, iniciando o seu lanzamento progresivo o vindeiro 22 de abril.
Este xogo, en vez de ser un dos tÃtulos principais da saga de Assassin’s Creed, pode lembrarnos aos
distintos xogos para dispositivos móbiles que saÃan paralelamente en anos
anteriores, incluso na súa mecánica, xa que estamos ante tÃtulos de
desprazamento lateral en 2,5D, só que desta volta o acabado dos mesmos está
bastante máis coidado.
- A primeira historia da triloxÃa desenvólvese durante a chinesa dinastÃa Ming
O desenvolvemento desta nova serie corre da man de Climax Studios coa colaboración
de Ubisoft Montreal, e iniciarase en China durante a dinastÃa Ming, pasando
logo aos enfrontamentos entre o Imperio Sikh e a CompañÃa das Indias Orientais
en 1841 e rematando no Outubro Vermello ruso. Cadansúa historia será
independente, co seu estilo artÃstico e diferente Assassin protagonista (que
serán Shao Jun, Arbaaz Mir e Nikolai Orelov).
- Assassin’s Creed Chronicles: India será a segunda historia desta triloxÃa
Assassin’s Creed Chronicles: China xa pode reservarse en Steam a un prezo de 9,99 euros, agardándose que en breve estea tamén dispoñible para Xbox One e PS4 na súas respectivas tendas de descargas. Este xogo permitiranos descubrir unha nova dimensión do sixilo neste tipo de xogo (instando ao xogador a ocultarse e enganar aos inimigos para poder localizar ao obxectivo, eliminalo e fuxir), gozará de grande liberdade de movementos para superar obstáculos con precisión e escalar con discreción, permitirá rematar cun grande arsenal de artes marciais para eliminar aos inimigos en caso de ser detectado, e poderase mover en 3 planos distintos (frontal, medio e traseiro) para elixir a ruta máis axeitada para avanzar (podendo optar polo camiño máis curto ou por atopar todas as vÃas posibles e completar asà numerosas misións secundarias).
- assassin’s Creed Chronicles: Rusia levará a aventura á Rusia de comezos do século XX
VÃdeo de presentación de Assassin’s Creed Chronicles