Assassin’s Creed Unity pasa a ser de balde para permitirnos visitar virtualmente Notre-Dame

mércores, 17 de abril do 2019 Marcus Fernández

O incendio da catedral de Notre-Dame está a conmover a medio mundo, e como mostra de solidariedade a compañía de videoxogos vai doar medio millón de dólares para contribuír á restauración e reconstrución da catedral parisiense, á vez que tamén queren facilitar que o público poida experimentar a beleza e grandeza de Notre-Dame a través dunha das súas mellores recreacións.
Deste xeito, até ás 9:00 horas do 25 de abril Ubisoft ofrecerá de balde o xogo Assassin’s Creed Unity para PC, de xeito que os que se animen a aproveitar esta promoción poderán incorporar este título á súa colección de xogos en Uplay, para poder gozalo cando o desexen.
Lembremos que Assassin’s Creed Unity é un xogo ambientado na Revolución Francesa, ou sexa, que permítenos explorar a cidade de París en 1789, nunha recreación moi detallada na que non falta a catedral de Notre-Dame, tanto por dentro como por fóra, reflectindo fielmente a meirande parte dos seus elementos (coa excepción de certas estatuas e pinturas, que aparecen en distintos lugares para evitar problemas legais).
Cómpre salientar que a réplica dixital do tempo parisiense non se corresponde fielmente ao século XVIII, senón á distribución que tiña a catedral até hai poucos días, de xeito que botar unha partida a Assassin’s Creed Unity é para moitos o xeito máis doado de poder pasear polo monumento arquitectónico Patrimonio da Humanidade.

Assassin’s Creed Unity permítenos explorar unha versión dixital de Notre-Dame creada a partires dun mapeado tridimensional que recolle o edificio con grande nivel de detalle
Até o día 25 poderemos facernos de balde con Assassin’s Creed Unity para visitar virtualmente Notre-Dame

Vídeo no que podemos ver a catedral de Notre-Dame no xogo de Ubisoft

PUBLICIDADE