Assassin’s Creed Identity chega á App Store

xoves, 25 de febreiro do 2016 Marcus Fernández

Rematou a espera por Assassin’s Creed Identity, e o novo xogo móbil da franquía de Ubisoft, que este ano deixará pasar a oportunidade de lanzar unha versión para consolas domésticas para evitar a decadencia provocada pola acumulación de títulos anuais que minaron a súa calidade, chega finalmente á App Store, de xeito que os usuarios que como mínimo teñan un iPad 3 ou un iPhone 5 con iOS 7, poden adquirir o xogo por 4,99 euros.
Estamos ante o primeiro xogo de rol de acción da franquía Assassin’s Creed, que devólvenos ao Renacemento Italiano, permitíndonos encarnar ao noso propio Assassin e así completar ducias de misións e resolver o épico misterio dos Corvos.
O xogador pode elixir entre catro clases (berserker, folla da sombra, enredante ou ladrón), personalizar o personaxe con vestimentas e armas e progresar de novato a experto.
Pese a que estamos ante un xogo desenvolvido con Unity, que ofrece gráficos impresionantes con texturas en alta definición, sombreados e coidados modelos, de xeito que non defraudará aos que queiran achegarse ao universo de Assassin’s Creed dende dispositivos móbiles.

Tráiler de lanzamento do xogo

PUBLICIDADE