Asitur implanta o Microsoft Dynamics CRM nos seus departamentos

venres, 23 de novembro do 2007 Raquel Noya

A empresa especializada no deseño de produtos de asistencia en viaxe e produtos de servizos para as compañías aseguradoras, Asitur, e máis Microsoft, veñen de asinar un acordo de colaboración mediante o cal a primeira se compromete a implantar o servizo de Microsoft Dynamics CRM para a prestación de servizos de asistencia ós seus clientes. Segundo os responsables da empresa, Asitur escolleu este software de xestión “por tratarse dunha ferramenta doada de empregar e rápida de implantar” e segundo o acordo, serán 350 os usuarios que a empreguen este servizo.
O principal obxectivo desta compañía é “incrementar e mellorar a relación cos seus clientes, coñecelos máis e dar un servizo eficiente na xestión dos sinistros do fogar”, un sector competitivo e dinámico que require unha adecuada personalización do produto ás actividades que desenvolve a empresa.
Na actualidade, o proceso de implantación atópase na fase de toma de requirimentos e está previsto que en menos dun ano se implante Microsoft Dynamics CRM en tódolos departamentos.

PUBLICIDADE