As xornadas coruñesas MX2014 acollerán varios torneos de videoxogos

mércores, 30 de abril do 2014 Marcus Fernández

As mencionadas xornadas MX2014 que a entre os días 2 e 4 de maio de 17:30 a 21:30 horas van celebrarse no local do Movemento Xove no baixo do número 58-B da rúa de Barcelona da cidade da Coruña, nas que terán lugar numerosos concursos, sorteos, xogos e actividades moi divertidas e orixinais entre as que destacamos un torneo de Pokémon XY non vai deixar aí a súa actividade relativa ao lecer electrónico, senón que vén de publicar o seu programa definitivo, no que recollen un torneo do xogo Smash Bros. para Wii o venres ás 18:00 horas, o devandito torneo de Pokémon XY o sábado ás 18:00 horas, un torneo de Mario Kart para Wii o sábado ás 19:30 horas e incluso un torneo de Bomberman para Super Nintendo o domingo ás 18:30 horas, polo que os afeccionados as videoxogos terán unha oportunidade para rememorar títulos que poden considerarse clásicos modernos, á vez que baterse contra outros xogadores.

PUBLICIDADE