As xornadas coruñesas MX2014 albergarán un torneo de Pokémon XY

luns, 28 de abril do 2014 Marcus Fernández

A vindeira fin de semana, concretamente entre os días 2 e 4 de maio, de 17:30 a 21:30 horas van desenvolvese as xornadas MX2014 no local do Movemento Xove no baixo do número 58-B da rúa de Barcelona de A Coruña, con entrada libre e de balde, nun encontro cheo de concursos, sorteos, karaokes, freeplay, xogos de mesa e outras actividades entre as que destaca especialmente un torneo de Pokémon XY que principiará o sábado ás 18:00 horas e que xa ten o seu regulamento publicado na web (que limita o uso de Pokémon a aos adquiridos legalmente, á vez que os obxectos empregados tamén deberían ser adquiridos con canles oficiais, á vez que tamén prohiben o uso de certos obxectos e Pokémon que poderían desvirtuar a competición).
Será un torneo clasificatorio por combates de 1 contra 1, no que os participantes deberán acudir coas súas consolas (Nintendo 3DS, 3DS XL ou 2DS), cos xogos (en formato físico ou descargable) e os cargadores correspondentes.

PUBLICIDADE