As vendas de Wii U continúan sen remontar

martes, 9 de abril do 2013 Marcus Fernández

A última consola doméstica de Nintendo, a Wii U, non só segue moi lonxe de repetir o éxito da súa predecesora, senón que non é capaz de asentarse no mercado, e se atendemos aos datos do NPD Group para EE.UU. vemos que a situación é preocupante, pois as vendas da nova consola no mes de xaneiro non só estrían por debaixo das 100.000 unidades, senón que situaríanse entre as 45.000 e as 59.000 unidades vendidas, o que sería un resultado inferior que calquera das 3 anteriores xeracións de consolas domésticas nos seus peores meses, coa posible excepción da primeira Wii na actualidade.
Nos casos nos que os xogos están dispoñibles tanto para Wii como para Wii U, a primeira consola continúa en cabeza en todos os casos, e tamén resulta dramático o caso do xogo Madden NFL 13 (equivalente ao FIFA 13 no mercado norteamericano) que tería vendido menos para Wii U que para PS Vita (pese a ser esta última outra consola que tamén está a funcionar bastante mal comercialmente).

PUBLICIDADE