As utilidades e riscos da IA centran un curso formativo en Rianxo
venres, 6 de febreiro do 2026
O Auditorio de Rianxo acolle do 24 de febreiro ao 11 de marzo un curso formativo sobre intelixencia artificial ao servizo de toda a veciñanza de todas as idades. A actividade formativa desenvolverase de martes a venres, entre as 17:00 e as 20:00 horas. Desenvolverase no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo baixo o epÃgrafe Destrezas dixitais: subindo ao tren da IA.
Por contidos, tocaranse temas como a intelixencia artificial (coñece a un novo aliado), a IA para a procura de emprego, a ciberseguridade práctica (blindando a nosa vida dixital), a IA como unha nova linguaxe e como dominar a IA para multiplicar o noso contido e minimizar esforzos.
A cita vén da man da Xunta, o Goberno e o Concello, e será impartida por ARA Formación.
Máis información e inscricións no 645 440 959 ou no 659 799 037.
