As últimas aventuras de Harry Potter tamén terán xogo de LEGO

xoves, 19 de maio do 2011 Marcus Fernández

Tras LEGO Harry Potter: Años 1-4, Warner Bros Interactive Entertainment, TT Games e LEGO Group anuncian o xogo LEGO Harry Potter: Años 5-7, que porá fin á saga de videoxogos con figuras de LEGO inspirada no mozo mago con versións para Xbox 360, PlayStation 3, PC, PSP, Nintendo DS, Nintendo 3DS e mesmo a futura NGP.
Este novo xogo chegará a tempo para o Nadal e está baseado nos 3 últimos libros e 4 últimas películas de Harry Potter, levando ao xogador a vivir aventuras en numerosas localizacións e con novos personaxes, novos retos e novos feitizos para prepararse para o enfrontamento final con Lord Voldemort.
Esta nova entrega conserva a mecánica do xogo anterior, polo que os usuarios que o xogasen terán moi doado facerse con este título para poder contribuír ao peche desta aventura chea de acción de principio a fin, e apta para todos os públicos.

PUBLICIDADE