As últimas Google Glass por fin poden adquirirse libremente

martes, 4 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Pese a que non chegaron a converterse nun produto de consumo masivo como parecían pretender, as Google Glass continúan a existir como un produto destinado a empresas, renovándose o produto o ano pasado, e finalmente as Glass Enterprise Edition 2 están dispoñibles para desenvolvedores a través de vendedores como Shi ou Mobile Advance, que comercializan estas lentes de realidade aumentada a un prezo duns 1.195 dólares.
Este novo xeito de comercialización das Google Glass Enteprise Edition 2 permite que moitos desenvolvedores poidan introducirse na programación de solucións de realidade aumentada coa tecnoloxía de Google, coa vantaxe de que esta revisión das lentes está baseada en Android, facendo máis doada a programación para esta plataforma e a súa integración en solucións que poderían atopar casos de uso de proveito para esta prometedora tecnoloxía para a que aínda queda moita maduración.

PUBLICIDADE