As subscricións de 12 meses a PS Plus prémianse co xogo Far Cry 4

martes, 30 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Despois dos fallos na PlayStation Network dos últimos días dá a impresión de que o servizo PlayStation Plus busca a redención, e quere lucir máis atractivo a través dunha nova promoción: até o 12 de febreiro os usuarios que se subscriban recibirán sen custo adicional o xogo Far Cry 4, xogo que habitualmente ten un prezo de 19,99 euros e que estes días está de oferta a 11,99 euros.
Neste momento os subscritores de PlayStation Plus poden facerse sen custo adicional con xogos como Batman – The Telltale Series e Deus Ex: Mankind Divided para PlayStation 4, constatando a mellora dos títulos ofrecidos coa subscrición para poder xogar en liña coa PS4, en boa medida por mor da suba de prezo dos últimos meses.

PUBLICIDADE