As salas de Messenger chegan a Instagram
xoves, 21 de maio do 2020
A
resposta de Facebook ao éxito de Zoom, as Messenger Rooms que permiten
videoconferencias en grupo con até 50 participantes simultáneos e sen lÃmite de
tempo, chegaron
ao poucos dÃas a Facebook e Messenger, e a súa promesa de abrirse ao resto
de aplicacións da compañÃa non está a facerse agardar, e dende Instagram
xa están a activar a posibilidade de iniciar salas de Messenger dende a sección
de mensaxes directas da aplicación. Deste xeito, a sección de mensaxerÃa de
Instagram pode ser unha porta á nova plataforma de encontros de vÃdeo que busca
trunfar grazas ás súas posibilidades de estar presente en moitos ámbitos e a
través de distintas aplicacións móbiles.
No caso de WhatsApp, a aplicación xa mudou as súas videoconferencias en grupo
para incrementar o seu máximo de participantes de 4 a 8, pero no caso de querer
facer conversas con aÃnda máis interlocutores tamén teremos a posibilidade de
formar una sala de Messenger, funcionalidade que xa está en probas, de xeito
que poderiamos vela en funcionamento en breve (aÃnda que cómpre lembrar que as
ligazóns para entrar nunha sala de Messenger poden compartirse sen problema
dende o primeiro momento).