As redes sociais e as novas técnicas de mercadotecnia dixital centran os novos obradoiros de SmartPEME
luns, 6 de xullo do 2020
Continúa
nesta segunda semana da xullo a actividade da rede SmartPEME da
Deputación de Pontevedra, achegando máis formación tecnolóxica
(unha formación máis relevante ca nunca de cara á produtividade, á
competitividade, á empregabilidade e ás posibilidades de superarmos
fortalecidas e fortalecidos a grave crise económica e sanitaria)
para persoas autónomas, pequenas e medianas empresas e profesionais.
O
novo paquete formativo, que tamén se achegará de maneira virtual,
vén con sete novas accións.
Os
obradoiros, con 10 prazas cada un, versan sobre xestión de redes
sociais, ferramentas para a mellora da web, ciberseguridade,
copywritting, ferramentas para empresas turÃsticas, promoción
das empresas ou técnicas de mercadotecnia dixital.
A
semana empezará con dous obradoiros este luns 6 de xullo, a partir
das 12:00 horas será Promociona o teu negocio con Google My
Business, a cargo do licenciado en Comunicación Audiovisual
Adrián Fernández, e dende as 17:00 horas desenvolverase
InfografÃas: representa a información de maneira visual,
impartido por Lara Taboada, titulada superior en Ensinos ArtÃsticos
de Deseño Gráfico.
O
seguinte, Introdución a Google Adwords, impartido por MarÃa
Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, chega o
martes 7 ás 17:00 horas. A partir das 12:00 horas do mércores será
a quenda de Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a
túa propia tenda en liña, a cargo de Laura Carrera, graduada en
Publicidade e Relacións Públicas.
O
xoves 9 de xullo haberá dous obradoiros, ás 11:00 horas será a
experta en turismo Mariana Rosa a encargada de impartir Como
mellorar o posicionamento local da túa empresa turÃstica e ás
18:30 celebrarase O pacto de socios. Elementos esenciais que toda
persoa emprendedora ten que coñecer, a cargo do avogado José
Manuel SendÃn RodrÃguez. E, por último, o venres ás 12:00 horas
será a quenda de Intelixencia Artificial: que é e como
funciona?, impartido por Manuel Freire, experto universitario en
Robótica.