As pulseiras de Xiaomi permitirán facer pagamentos contactless
mércores, 15 de setembro do 2021
As pulseiras de actividade de Xiaomi son moi populares
en España, pero os modelos que chegaban ao noso mercado non incluÃan unha das
súas prestacións máis interesantes, a posibilidade de realizar pagamentos móbiles,
eiva que corrixen coa Mi
Smart Band 6 NFC, que grazas á colaboración de Mastercard fará doado os
pagamentos contactless, tan habituais nos tempos actuais nos que búscase
reducir o manexo de cartos en efectivo.
Esta pulseira, que fai un completo rexistro da nosa actividade fÃsica grazas
aos seus distintos sensores (monitoriza a frecuencia cardÃaca, conta con varios
modos deportivos, fai un seguimento da calidade do sono e saturación de osÃxeno
en sangue...), tamén integra o asistente de voz Alexa, o que incrementa
considerablemente as súas posibilidades (aparte de manexar a pulseira mediante
a voz tamén pode aproveitarse para o control da nosa electrónica doméstica), o
que pode sorprender para un produto que ten un prezo recomendado de 54,9 euros,
e chegará ao noso mercado nos vindeiros meses.