As pulseiras Fitbit Inspire non poderán mercarse directamente
luns, 11 de febreiro do 2019
As últimas pulseiras de actividade de Fitbit estreáronse
sen publicidade, pero por un bo motivo, xa que non se comercializan ao público
xeral, senón que estamos ante unha liña de produtos que
comercialÃzanse a través do programa Fitbit Health Solutions, ou sexa, para
empresas, de xeito que buscan ser un accesorio que poidan empregar usuarios de
sistemas sanitarios, aseguradoras, centros deportivos, corporacións...
A Fitbit Inspire serÃa a pulseira de actividade máis básica, con monitorización
de actividade e seguimento do sono, notificacións de chamadas, textos e citas,
pantalla táctil e resistencia á auga, que cunha baterÃa de até 5 dÃas pode servir
para un rexistro básico de actividade, mentres que a Fitbit Inspire HR conta
tamén con monitorización cardÃaca, resultando máis axeitado para a práctica
deportiva, podendo tamén sincronizar a información rexistrada cos datos do GPS
do smartphone.
AÃnda que non esteamos moi afeitos, xa son bastantes as empresas que están a
repartir pulseiras de actividade entre os seus traballadores, en ocasións a
través do seguro sanitario contratado, como un xeito de coñecer mellor o nivel
de actividade fÃsica dos empregados e incentivar un estilo de vida máis
saudable, fuxindo do sedentarismo. No caso das aseguradoras, xa hai varias que
reparten pulseiras e mesmos smartwatches
como o Apple Watch como un incentivo para a súa contratación, aÃnda que na
práctica teñen a vista posta na información que poidan recoller para coñecer
mellor ao usuario.