As lentes Ray-Ban Meta presumen de ser escollidas por Oprah
luns, 4 de novembro do 2024
Aproveitando o seu nivel de influencia, a presentadora de televisión Oprah Winfrey realizan tradicionalmente recomendacións de agasallos de Nadal dun xeito indirecto ao elaborar unha listaxe coas súas cousas favoritas do ano, entre as que non faltan produtos de electrónica de consumo, entre os que destacan especialmente as lentes Ray-Ban Meta, que non só serven como cámara fotográfica e de vÃdeo e como sistema de mans libres para comunicarse co móbil, senón que tamén abren a porta a un xeito moi natural de interacción coa intelixencia artificial de Meta para funcións como traducir textos que teñamos diante ou achegar información sobre algún tema sen que teñamos que sacar o smartphone do peto. Cómpre salientar que as funcións de Meta AI para as lentes Ray-Ban Meta polo momento limÃtanse a inglés en EE.UU., Canadá, Reino Unido e Australia, polo que para un usuarios europeo aÃnda non serÃan un produto tan abraiante.
Entre o resto de produtos de electrónica de consumo recomendados por Oprah estarÃan trebellos moito máis ordinarios, como os auriculares Beats Studio Pro na súa edición especial de Kim Kardashian e os auriculares sen fÃos de Bose con deseño aberto.